Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Pedras

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Virxe do Camiño de Guillarei

Conta a lenda que un día unas rapazas pasaban por unha ponte, viron unha gran pedra e tirárona ao río Miño. Ao día seguinte volveron a pasar por ali e a pedra que tiraran ao rio o día anterior estaba no mesmo sitio así que as rapazas volvérona tirar á auga.
Uns dias despois as rapazas pasaron outra vez por alí e a pedra estaba onde a atoparan a primeira vez. Entón as rapazas, estrañadas, correron cara a súa casa e contáronlles aos seus pais o que pasara
Os pais e as rapazas colleron o carro dos bois e subiron a pedra ao carro, e empezaron a andar cara Portugal pero cando chegaron a un lugar (que se chama A Virxe do Camiño) os bois pararon alí. E como viron que os bois non querían andar máis colleron outro carro de bois e chegaron ao mesmo lugar pero os bois volveron parar e decidiron deixar a pedra naquel lugar .
Uns anos máis tarde un home tallou nesa mesma pedra a imaxe dunha virxe que se chama a Virxe do Camiño. Di a a lenda que foi a Virxe a que quería quedar naquel lugar. No mesmo lugar onde está a capela dedicada á Virxe do Camiño, á que se lle fai festa o primeiro domingo de xullo e mailo 15 de agosto.

[Texto remitido por Raquel Rodríguez Rodríguez, de Guillarei, Tui (Pontevedra), en novembro de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: