Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Tesouros de San Tomé de Ancorados

Na parroquia de San Tomé de Ancorados, A Estrada (Pontevedra) hai constancia de varios tesouros. A saber:
Onde chaman Outeiro do Castro hai unha trabe de ouro e outra de alcatrán; mais se alguén sacha e dá coa de alcatrán, arden todos.
Hai unha mina de ouro e outra de alcatrán que vai soterrada desde debaixo do Outeiro ata o lugar de San Tomé.
De Mourentán á Agra Chan hai unha mina de ouro e outra de alcatrán.
Entre Gontén e San Tomeé saía unha galiña con pitos de ouro.
Nas Aveeiras hai unha peneda con fochancas onde dicían que había unha mina de ouro que tiña que ser descuberta pola pata dunha ovella.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: