Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A luz do Val de Maceda

Contan os vellos de Fondo de Vila en Escuadro, concello de Maceda (Ourense), que hai tempo, nalgunhas noites de verán, podían ver unha luz moi intensa que saía de detrás dun monte indo cara Castro de Escuadro. Parece ser que a luz viña dende un un penedo que ten características un tanto especiais pois está formado por mestura granítica e pizarra, zona esta que constitúe un límite xeológico, unha franxa que se estende do norte ao sur de Galicia e que pasa por estas terras.
Moitos foron os que acudiron ó lugar para ver a rocha, estudosos, investigadores e curiosos que ata o de agora aínda non deron unha explicación científica contundente...
O penedo queda entre as vilas de Escuadro, Santirso e Castro, no concello de Maceda.

[Texto elaborado a partir da tradición oral por Pablo Aguiar, residente en Barcelona]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: