Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As pedras da pezoña

Ata hai ben poucos anos os labregos da miña contorna, no concello de Moraña (Pontevedra), usaban coma remedio contra das picadas das serpes e outros bechos pezoñentos, as pedras da pezoña. Aínda hoxe son gardadas con veneración polos seus donos.
O ritual era como sigue. Cando alguén era picado por unha serpe acudíase buscar unha pedra da pezoña; logo embebíana en leite acabado de muxir e sen ferver, e colocábana sobre a picadura.
Se a picada tiña veleno, a pedra quedaba apegada ata succionalo por completo, e cando se desprendía de por si xa non quedaba pezoña.
Unha vez feita a curación metíase a pedra de novo en leite para que expulsara o veleno
Curiosamente na contorna de Moraña, moitas das pedras da pezoña son machadiñas puídas de cuarcita coma as do neolítico.

[Texto elaborado por José Casal Porto, de Moraña]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu recordo, hai case cincuenta anos, como me mandaban buscar a "pedra da pezoña" á casa das veciñas, cando a miña tía Felicita a necesitaba. Eu levábaa envolta nun pano para que ela a puxese nas picaduras, que tanto lle proían. Logo devolvíalla á súa dona. Os veciños do lugar do Arco, en Lérez (Pontevedra) posuían esa pedra nos anos 60 do século pasado. Non volvín saber máis da pedra.

Enviado por Mercedes Espiño Amil o 11/11/2008 ás 14:02:19


Na comarca onde eu nacín tamén era a mesma historia, son da zona de Dozón(Pontevedra), a
miña familia tiña unha pedra que prestaba os veciños, nunha ocasión unha desas persoas intentou quedarse cun anaco pero non foi quen de rompela. Coincido con José Casal Porto en que son iguais as machadiñas neolíticas que se poden ver nos museos.

Enviado por Cary Parga o 17/09/2009 ás 15:37:34


Na parroquia de San Vicente de Castillón - Ferreira de Pantón tamen habia unha pedra da pezoña.
Non me lenvro ben quen dos veciños era o propietario pero a miña avoa puxeron esa pedra nu brazo, que o tiña todo negro e curou.
apertas

Enviado por Ferando Vilariño o 29/03/2010 ás 21:49:34


Enviar comentario a este artigo: