Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Don Blas de Lagariza

En Lagariza, Vilar de Ortelle, concello de Pantón (Lugo) hai unha casa grande, a Casa de Lagariza. Un dos seus antigos propietarios foi o cabaleiro don Blas, home poderoso, dono dun cabalo branco ferrado con ferraduras de prata.
Don Blas, para demostrar o seu poderío, subía as escaleiras desde o patio ata a sala de armas montado dacabalo. A riqueza víñalle do cobro dun trabuco de paso polo patio da casa e dise que don Blas se deitaba sen cartos e levantábase rico.
Por iso lle dicían nos amenceres: “Arriba, don Blas, con sesenta mil reás”.

[Texto elaborado a partir da información achegada por unha descendente da Casa de Lagariza, Vilar de Ortelle, Pantón (Lugo)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS


Sería moi interesante que non se perdese todo este patrimonio. Con cada vello morre unha enciclopedia cando este desaparece.
Pantón ten moito material que recoller pero falta quen o faga.
Gracias por estas escritas da Casa da Lagariza. por certo das máis antigas do Concello, concretamente a sua adega aparece xa referenciada en testos do séxulo IX, parece ser.

Enviado por Javier o 20/03/2010 ás 21:42:08


Todo esto se perde e non hai ninguén que o escriba.
Con cada vell@ que desaparece tamén se vai unha enciclopedia.
Gracias por rescatar estas lendas.
Por certo A Casa da Lagariza é unha das máis antigas de Pantón. A súa adega aparece documentada no século IX
Grazas de novo

Enviado por Javier o 20/03/2010 ás 21:58:33


Enviar comentario a este artigo: