Actualizado en data 31/05/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Máscaras de Entroido: Aparicio

Farileiro. Felo. Máscara de Entroido con axóuxeres colgados da cintura; para pegarlle á xente leva un varal cun saqueto pendurado da punta cheo de cinsa, salvado ou virutas. Cando acompaña aos grupos que cantan pedindo o aguinaldo é a encargado de chamar ás portas e de tornar os nenos. Non fala pero amosa ledicia cando a xente da casa dá aguinaldo. Cando dous grupos de enmascarados se cruzan no camiño, Aparicio é o encargado de saudar facendo a venia. É inviolable e crese que se alguén o destapa pode incluso chegar a matar a quen o faga sen que pene por iso na outra vida. Os nenos, por facerlle rabear, cántanlle: -Farileiro, cachafeiro, come tripas de carneiro, mal cocidas, mal lavadas, que lle corren polas barbas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: