Castro de Duarría
Contan que no castro de Duarría, Duarría, Castro de Rei (Lugo), viviron os mouros hai moito tempo. Din que alí quedaron tesouros escondidos e que aínda están hoxe nas covas onde vivían.
Unha desas covas chega dende Duarría ata Castro e vai saír ó río Lea.
Parece ser que se encontaron os caldeiros onde levaban os mouros a uga do río. Estes caldeiros eran de ouro.
[Recollido por Iván Bello Méndez e Elva Castro Abelleira]
BIBLIOGRAFÍA