Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Castelo de Peñaflor

Do Castelo de Peñaflor quedan apenas unhas ruínas no lugar de Machín, parroquia de Santa Marta de Meilán, concello de Riotorto (Lugo).
Segundo tradición, o Castelo de Peñaflor pertenceu ao Marqués de Bendaña quen tiña dereito a disfrutar das mulleres recén casadas os cinco primeiros días despois do matrimonio; se a muller lle gustaba especialmente podía gozar dela ata os sete días como máximo.
Preto do lugar do Castelo hai unha chaira coñecida com o Paseo do Galán. Dedúcese que o marqués, que debía ser home galante, daba os seus paseos a pé por alí. Para os desprazamentos longos tiña un carro tirado por machos (mulos) que os criados soían levar beber ao Pozo do Peago, situado no lugar de Vilar do Rei. Para chegar á fonte cos mulos tiñan que o cruzar o río, que agora se chama Rego de Machín en memoria dos machos do marqués.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: