O carro de ouro da Touza
En Covelas, Os Blancos (Ourense), nun lugar chamado A Touza había un carro de ouro. Para poder sacalo había que ler moito e sen parar. Unha noite o avó dun tal Roque foi aló e empezou a ler. Leu e leu, sentiron un tremor moi grande e afundiuse a terra. Seguiu lendo ata que saíron os estadullos do carro, que eran de ouro, pero, de repente, sumiuse todo; o home non deu lido máis.
[Recollido por Manuel Jardón Moure en xaneiro de 1994]
BIBLIOGRAFÍA