Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
O carro de ouro de Felpós
En San Tomé de Felpós, concello de Palas de Rei (Lugo), houbo unha fortaleza gobernada por Alvar Sánchez de Ulloa que gozaba retendo, secuestrando, atracando e matando aos peregrinos que pasaban polo camiño de Santiago.
D. Berenguel de Landoria, arcebispo compostelán, quixo acabar con aquelas tropelías e o 29 de xullo de 1321 atacou con lume a fortaleza ata rendila.
Pois ben, nesta fortaleza, ao parecer, había un carro de ouro que empregaban os criados para carrexarlles a comida aos señores desde a cociña ata a mesa.
BIBLIOGRAFÍA