Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A arca de ouro de Rumín
Na finca dos Fondevila, lugar de Rumín, parroquia de Vilareda, concello de Palas de Rei (Lugo) houbo unha arca de ouro entalada entre as dúas laxas da cámara funeraria que alí se conserva.
Unha noite andaron uns homes na súa procura, mais non deron con ela. Ao día seguinte pasou por alí un crego que ía misar a Marzá que, ao ver remexida a terra de pouco, petou no chan e sooulle a oco. Despois da misa foi á casa, xunguiu dúas xugadas de bois ao carro e volveu ao sitio, sachou un pouco e deu coa arca de ouro case de contado. Cargouna no carro e foi para levouna para a súa casa.
¡Como sería a arca que disque quedaron por moitos anos as pegadas das rodeiras no camiño por onde pasou!
A maldición perseguiu aos homes que intentaran atopar a arca antes có cura. Nos días de vida que lles quedaron non tiveron máis ca traballos.
BIBLIOGRAFÍA