Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A corriza

Contaba o meu avó que debaixo dunha pena nunha campa enriba de Vilarello de Donís, concello de Cervantes (Lugo), había un encanto.
Parece que uns rapaces puxéronse a escaravellar por debaixo da pena e foron indo ata que sentiron unha voz que procedía do interior e que dicía:
—¡Fáltame sal,
que carne teño bastante!
¡Claro, ó sentiren aquelo, trotaron! Viran saír coma unha corriza, coma unha luria envolta que botou polo regueiro abaixo. Dixo o meu avó que eles saíron correndo e non souberan máis nada.

[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: