Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A fiadora da Pena do Golpe

Onde chaman Pena do Golpe, preto da Pena Abaladoira do Pereiro, en Alfoz (Lugo), aparécese un ser con figura de muller. Unha vez, era de noite, xuntáronse dúas mulleres naquela pena, seica quedaran alí cos mozos para iren á festa ao Cadramón, e viron unha luz. Achegáronse a aquela luz e viron unha muller fiando; tiña roca, fuso e tesoiras de ouro. A muller aquela preguntoulles ás dúas mozas que era o que máis lles gustaba, e como elas dixeron que as tesoiras, déullelas. Pero polo camiño, por mor de ver quen quedaba coas tesoiras, as dúas mozas comezaron a reñer, e tanto rifaron que as tesoiras desapareceron e quedaron as dúas sen elas.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: