Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
O poder do Saudador
En Ouviaño chaman Saudador ao sétimo fillo varón cando a nai tivo antes seis fillos seguidos. Asegúrase que ten unha cruz no ceo da boca ou debaixo da lingua, e que o seu cuspe ten virtudes para curar.
Se nace en sábado ten a cualidade de curar as tercianas e cuartanas. Tamén posúe virtude a chamada Roda de Santa Catarina, por medio da cal curan co alento algunhas enfermidades.
Cando os enfermos padecen do estómago, botan o alento sobre un anaco de pan e danllo a comer. A terciana e cuartana (malaria ou paludismo) é unha enfermidade infecciosa producida por un parásito e transmitida por mosquitos. Recibe o nome de cuartana porque a quentura entra con frío de catro en catro días.
Información facilitada por Xabier Moure Salgado en setembro de 2013. Véxase [patrimoniodenegueira.blogspot.com]
BIBLIOGRAFÍA