Actualizado en data 13/06/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A balea xigante de San Cibrao

«Apousentouse no mar de San Cibrao unha balea tan grande e poderosa que non houbo baleeiro que ousase achegarse co arpón. Cando movía a cola erguíanse ondas inmensas e os seus bramidos oíanse dúas leguas terra dentro».

Álvaro Labrada (seud. de Álvaro Cunqueiro), San Gonzalo, 1945, p. 152.

En tempos do bispo San Gonzalo de San Martiño de Mondoñedo, en Foz, apareceu nas costas de San Cibrao unha balea xigante. A balea bruaba tan forte que se sentía a moitas leguas de distancia, e provocaba ondas tan enormes que ningún mariñeiro ousaba ir ao mar. O seu tamaño, fóra do común, facía que a súa cola erguese ondas tan altas que pasaban por riba da Atalaia.

A xente estaba atemorizada e os baleeiros da bisbarra non ousaban saír ao mar para capturala co medo que tiñan. Só as campás da igrexa acougaban a furia da balea e cando repicaban achegábase á praia e disque falaba na súa propia lingua, con moito amor e dozura.

Foi necesaria a intervención dun santo bispo. Non ben puxera o pé na praia da Caosa cando a balea se presentou alí, aínda que sen varar na area, e falou naquela lingua estraña con Gonzalo, o bispo de San Martiño, que parece que entendeu a súa mensaxe.

Mentres a balea regresaba ao mar, o bispo pediu que lle axudasen, que precisaba unha barca e un barqueiro mais só un mozo duns quince anos tivo valor para acompañalo.

Xa en alta mar, cando a barca estivo a carón do monstro, a balea abriu a boca e Gonzalo non dubidou en meterse dentro do seu ventre.

Pouco despois o bispo saíu cunha imaxe da Virxe nas mans, a balea arredouse e nunca máis se soubo dela.

A imaxe da Virxe parece ser que é a que aínda se venera hoxe na igrexa parroquial de San Román de Vilaestrofe.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: