Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 112: Alcaparra do Bierzo

Hoxe imos até a Leitosa, na Veigueliña, Vilafranca do Bierzo. A paraxe lembra a das Médulas pois tamén houbo mina de ouro en época romana.

Segundo J. Rodríguez, chegou a aquela Alcaparra un vello pedindo pan e como estaban cocendo, cortaron masa e metérona na forno, pero a masa medrou moito e deu unha bola tan grande que non lla quixeron dar.

Enfornaron outro cacho máis pequeno e pasou o mesmo. E non lle deron. Só un veciño, a única boa persoa de por alí, lle deu pan.

O vello cando marchou convidou o veciño a que o acompañase ata a saída do lugar. Ao despedilo pediulle que non mirase atrás até que o perdese de vista e cando puido volverse, Alcaparra desaparecera.

Ademais de ser topónimo do Calixtino, Cáparra existe. O nome das nosas Alcaparras imaxinarias coincide co dunha antiga cidade lusitana, hoxe despoboada, situada a carón da Vía da Prata entre Guijo de Granadilla e Oliva de Plasencia, provincia de Cáceres.

Seica houbo un mestre na Veigueliña que lles pedía aos escolantes que mirasen cara a Leitosa, mentres el proclamaba: Viva a cidade de Alcaparra!


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 5 de febreiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: