Actualizado en data 13/06/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 109: Febreiro

Febreiro foi o último mes do ano desde o 715 ao 45 a. d. C. e pasa a ser oficialmente o segundo no 45 a. d. C. coa reforma de Xullo César.

O nome pode derivar de Februa —nai de Marte—, de Februo —deus ou deusa— ou Febrio —outro nome de Plutón—. Ovidio nos seus Fastos dinos que Numa Pompilio chama febreiro a este mes polos ritos de purificación chamados februaou que se facían en Roma cada cinco anos.

Februo era o nome dun deus de orixe sabina que foi substituído por Plutón —o Hades grego—, deus dos mortos ao que se lle dedicaban un festival xustamente a mediados deste mes.

E incluso pode derivar de Februum, nome das tiras de pel de lobo coas que os lupercos golpeaban as mulleres nas Lupercalia, un rito para propiciar a fertilidade.

Febreiro era en Grecia e en Roma o mes dos mortos, por tanto, moi temido. Disque quedou con menor número de días para que non se acrecentase o temor relixioso aos deuses do inframundo.

As velas que se bendicen no día da Candelaria serven para acompañar con luz a agonía dos moribundos e que as nais poidan ver no Limbo os fillos mortos antes do bautizo.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 2 de febreiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: