Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 090: A rosca de Reis

O costume de comer este doce redondo cun burato no medio e sorpresas no interior xa vén de moi atrás. Nas Saturnais romanas elaborábase e comíase unha torta de grandes dimensións na que se agachaba a faba da sorte. Quen tiña a sorte de atopala era elixido rei da festa e todos debían obedecelo; de ser escravo, quedaba liberado por un tempo da obediencia aos amos.

Velaí a orixe de pasatempos festivos medievais como o Rei da faba, costume semellante ás festas de obispiños do Día dos Inocentes. A partir dos ss. X e XI rebautizouse o doce como Pastel de Reis e no interior, ademais da faba, introdúcense figuras moi variadas..

Na Andalucía musulmá, entre os ss. XIII e XV había o costume de recibir o novo ano facendo regalos e elaborando un pastel redondo como unha cidade (mada‘in) parecido á rosca de Reis actual, aínda que sen sorpresa.

Na actualidade seguimos facendo o mesmo, elaborando con fariña, ovos, figos, mel e outros ingredientes esa rosca doce coroada na que agachamos fabas, moedas ou figuras para que quen as atope entre con ventura no novo ano, que boa falta nos fai.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 6 de xaneiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: