Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A familia cos ollos bicolores

 

Na portada de El Progreso do 17 de abril de 1966 aparecía, sobre unha gran foto co rostro do protagonista, este reclamo: “Un labrador de Pastoriza tiene los ojos bicolores”.

O home chamábase Eliseo Gómez Rivas, solteiro, de 47 anos, Residía cunha irmá no lugar das Coroas, en Reigosa da Pastoriza.

Eliseo tiña —como se podía apreciar nunha foto, a pesar de ser en branco e negro—  un ollo azul claro e outro castaño escuro. No desenvolvemento  da noticia, con fotografías de Vega, o xornalista Ángel de la Vega afirma que houbo outros casos de ollos bicolores naquela familia na que tamén hai varios xordomudos. Non hai que descartar que fosen da xenealoxía cunqueiriá de Padín de Carracedo.

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: