Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 087: A noite do apalpadoiro

 X. Taboada Chivite conta que na «noite do apalpadoiro» se apalpaba o ventre das persoas, sobre todo das crianzas, por ver se comeran ou non para o ano entrante. O investigador J. André Lôpez Gonçâlez deu a coñecer en 2006 informacións procedentes de Loúzara, Courel e O Cebreiro nas que se describe o Apalpador, un xigante, carboeiro nas devesas, con boina, casaco esfarrapado e remendado, que fuma en pipa e se alimenta de bagas e xabarís. En Noitevella baixa da montaña, visita os nenos e apálpalles a barriga. De térena chea, di: «Así, así esteas todo o ano» e déixalles unhas poucas castañas; de térena baleira, ponlles unha manchea. 

Miguel Losada recuperou outro personaxe denominado Pandigueiro. Acudía aos leitos dos nenos que se tiveran que deitar na Noite de Nadal co ventre baleiro. Os nenos tiñan que pedirlle leitiña con purgazos —castañas secas cocidas— por medio dun retrouso e o Pandigueiro baixaba da Serra da Cabeza Grande, Trives, coas castañas e xoguetes feitos de amieiro.

Xan Fiz, a Apalpadoira, o Reventón e a Reventoa quedan para comentar noutra ocasión.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 31 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: