Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 084: O rei Charlo

Nun documento de 1527 e noutro do s. XVII descríbese a «solta do paxaro» que se facía en Vilanova de Lourenzá. O costume que debeu durar até o s. XV consistía en que os veciños tiñan que cazar un paxaro chamado rei Charlo a principios de ano.

Os veciños xuntábanse nas datas previas para cazar un «paxaro rei chiquito do papo colorado», un carrizo o un paporrubio, e logo «preso cunha cinta nunha lanza e a lanza nos ombros» ían en procesión e presentábanllo ao abade, quen llelo agradecía con viño e pan trigo.

O abade cortáballe ao paxaro algunhas plumas cunha tesoira e, tras facerlles ver que podería facer con eles o mesmo, ceibábao en sinal de magnanimidade.

Despois, os veciños ían ao concello e escollían catro homes de entre os que o abade nomeaba dous alcaldes. Se non conseguisen cazar o «paxaro rei» ese día, o abade concedíalles ata Reis.

O costume puido chegar a Lourenzá canda os monxes bretóns no s. VI ou cos bieitos a partir do X, e ten relación coa vella crenza de dar morte simbólica ao rei no solsticio de inverno para favorecer a rexeneración da vida.

SerieMicromitos


Publicación: Nós Diario, 26 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: