Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 215: Grilo, meu grilo!

Cando chegan as calores escóitase a monótona orquestra dos grilos. No Dicionario dos seres míticos galegos dise que viven baixo terra e que hai tres castes: os reis (brancos ou amarelos cun “R” nas ás), os príncipes (cun “P” nos élitros) e os carboeiros. Estes son escuros, dan mala sorte e non se cazan. Os príncipes métense en gaiolas para que “canten”. As grilas disque teñen tres rabos e pola noite convértense en alacráns. 

Uns din que é pecado matalos, que dan boa sorte,  e outros o contrario. Se escapan das gaiolas dentro da casa, devoran a roupa, e se cantan (refírense aos carboeiros) é sinal de morte. 

Bouza Brey rexistrou en Cortegada do Miño un rito chamado “Canto do grilo”. Cando a endeita ou cavada do millo, finais de abril, os cavadores ao rematar a xornada xuntaban as sachas  e chantábanas de maneira que os ferros quedasen cara arriba. Subíase enriba un dos cavadores cunha bota de viño e invocaba ao grilo: “Grilo, meu grilo”. Atopar un grilo no medio da sementeira interpretábase como símbolo do espírito do gran. Invocalo e despois sacrificalo aseguraba o froito do ano seguinte. 


SerieMicromitos


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: