Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 071: A Virxe abrideira

Gran misterio o da xestación de Xesús e o da Inmaculada Concepción que celebra a igrexa cada 8 de decembro, dogma proclamado en 1854 por Pío IX mediante a bula Ineffabilis Deus: « …a Virxe María foi preservada inmune de toda mancha da culpa orixinal no primeiro instante da súa concepción…».

As representacións da Virxe embarazada foron frecuentes na arte con advocacións como a da O, da Esperanza, do Bo Parto, Nosa Señora Preñada, do Libramento, da Expectación… E tamén tiveron moito éxito as Virxes abrideiras como as que se conservan en Allariz, no Convento de santa Clara, e en Toldaos, Triacastela.

A de Allariz é unha talla en marfil de finais do s. XIII. Foi das poucas imaxes que librou da ira da Inquisición cando lles deu — ss. XVI-XVII— por considerar inmoral que se puidese contemplar o ventre da Inmaculada.

Quere a lenda que a Virxe abrideira de Allariz fose feita pola man do infante don Henrique, fillo de dona Violante e de Afonso X, O Sabio. O infante era mudo e, nada máis acabar de tallar a imaxe, comezou a falar.


SerieMicromitos


Publicación: Nós Diario, 8 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: