Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O xogo da man quente

Antigamente cando se velaban toda a noite os cadáveres nas casas, os asistentes entretíñanse con xogos para pasar o tempo. Ás veces eran pasatempos inocentes; outras non tanto. Non faltaban tampouco os que tiñan unha certa intención erótica e incluso escatolóxica.

O xogo da man quente consistía en que unha moza, previo sorteo entre as presentes, se sentase nunha cadeira algo alta e un mozo, ao que lle tocase, pousaba a cabeza no colo da rapaza que ela lle tapaba cun mandil, de maneira que non vise nada.

Outros mozos que participaban no xogo íanlle dando palmadas e a cada un que lle daba o mozo tapado volvíase e sinalaba un deles, dicindo: Fuches ti!

Se non atinaba tiña que pousar a cabeza tapada na mesma posición e volvían a darlle unha palmada.

Cando atinaba sinalando a quen lla dera, este ocupaba o seu lugar.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: