Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 055: Man do anxo

Nas respostas que M. Leiras Pulpeiro —recuperadas e publicadas por R. Reimunde— achegou á enquisa do Ateneo de Madrid (1901-1902), logo de comentar os costumes dos velorios, sorpréndenos cunha referencia que transcribimos e traducimos do castelán para que vostedes coñezan e opinen.

«Unha moi estraña práctica obsérvase a miúdo onde ocorre a defunción dun neno, se na localidade hai algún enfermo crónico ou incurable, e é a de dar á este a ‘mau del ánxel’, que así chaman á operación de pasar tres veces a palma da man dereita do párvulo falecido pola parte afectada ou en que máis se localizase a doenza, medio ao cal se acode con gran fe e procédese de noite con solemnidade de teatro e á a luz dun cirio, que o interesado debe soster mentres, fincado de xeonllos e coa cabeza descuberta, sofre a imposición».

Aínda que se coñecen varios usos curativos das mans ou outras partes do corpo de persoas mortas, neste caso só conseguín a referencia de que en México se cura o bocio sobando a zona da glándula coa man dun neno finado.

Se coñecen algo parecido, fáganmo saber.

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 14 de novembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: