Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 049: As maiolas

O ourizo, o útero onde se crían as castañas, despréndese de seu da árbore ou co vareado. Cando madura, regaña e ofrece o froito, xeralmente unha, dúas, tres ou, rara vez, máis castañas.

Di Anibal Otero que en Ribeira de Piquín, a castaña señeira, a que está soa no ourizo, dáselle ás cabras e ás ovellas para que pairan femias que sexan “brancas ou mouras, ou como queiras”. Tamén serven para curar o uñeiro das ovellas e para que as cabras conciban dúas crías.

Cando era imprescindible conservar as castañas para ilas consumindo polo ano adiante sometíanse a procesos de secado e afumado nos sequeiros e canizos.

O traballo de baleirar os ourizos chámase bulla e o de escascalas, como se fai en Froxán do Courel, pisa. Ambos labores fanse en comunidade e nun ambiente festivo.

En Zoñán crese que a quen as come crúas, éncheselle a cabeza de piollos. X. Moure dinos que en Navia de Suarna  as que caen nos camiños non se recollen; déixanse para pobres e peregrinos, como sucede coas maiolas, as que se gardan até o mes de maio e o día primeiro, o das  maiolas, socórrese a fame dos pobres con elas.

«⇔»

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 6 de novembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: