Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 047: O monstro das castañas

As castañas foron as nosas patacas —chamadas nun principio castañas mariñas— até que estas ocuparon o seu lugar como alimento básico. Son froito do castiñeiro, árbore lonxeva, recóllense no outono e consumímolas cocidas, crúas ou asadas, conxeladas ou en conserva, condimentadas soas ou como adobío, atendendo a un amplo receitario que vai desde o caldo de castañas ao marron glace.

A castaña, segundo a calidade, a clase do castiñeiro ou o momento do ano no que se comen recibe moitos nomes diferentes: bolercas, bravas, degaros, pilongas, raigonas, louras, bicudas...

Así como o castiñeiro goza de longa vida, o seu froito, a castaña, é quen de transmitir simbolicamente saúde a quen a come.

A orixe do nome do Penedo da Forca, Navia de Suarna, ten que ver cun ser salvaxe que anda por alí gardador de montes, fragas e soutos.

Andaba unha vella apañando castañas e unha voz díxolle: Vaite; non me soutes as castañas!

Como a muller non fixo caso, o monstro ou o que fose, quizais un Busgoso, aforcouna. No sitio apareceron anos despois unhas zocas e unha arca.

«⇔»

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 4 de novembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: