Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 045: O Samaín

Esta noite, porta ao 1 de novembro, fin e inicio do ano celta, os espíritos dos mortos visitan o mundo dos vivos. É o remate do verán e o do ano, entendido como ciclo produtivo liquidado.

É noite de compartir espazos entre vivos e mortos, cos riscos que iso supón, pero tamén de propiciar a fertilidade para un novo ciclo que se reiniciará tras a longa e fría escuridade da invernía. A igrexa, despois de darlle voltas e revoltas, fixou o 1 e o 2 de novembro como de Santos e Defuntos para cristianizar esta celebración pagá. Os americanos trouxéronnos de volta, inspirándose na mesma celebración, o Halloween.

Por aquí, dino bispos como Guevara de Mondoñedo cando pretenderon erradicar estes costumes das noites de primeiros de novembro, andaban os mozos polas portas de falcatruada e pedindo comida.

Na década final do s. XX recuperouse en moitas partes de Galiza unha tradición, a dos calacús, que consiste en baleirar cabazas, decoralas ou recortalas simulando caveiras de defuntos e pórlles unha candea acendida no interior.

O efecto visual —unha procesión de ánimas— provoca calafríos.

«⇔»

SerieMicromitos PublicaciónNós Diario, 31 de outubro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: