Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O tesouro da Cova da Paralaia

Cóntase que dous amigos quedaron un día para subiren ao monte da Paralaia, Moaña (Pontevedra). Dicíase que ao pé da cova había un tesouro e só había que escavar con empeño para podelo conseguir así que un día decidiron intentalo. Preferiron a noite para o traballo así que quedaron en subir cada un pola súa conta e atopárense ao pé da cova.

Cumpridor, un deles acudiu á cita pero, por moito que agardou ao compañeiro, este non apareceu. Canso da espera, decidiu non baixar de baleiro así que comezou a escavar e a escavar na procura do tesouro indicado pero, por moita terra que padexaba, o único que conseguía era desenterrar salamandras que aparecían por todas partes. Aburrido, decidiu encher o saco que portaba coas salamandras e deixarllas na porta da casa do amigo ausente. Así, pola mañá, cando o abrise levaría un susto, e esa sería a súa venganza por non acompañalo como quedaran. Así o fixo, e cando ao día seguinte o compañeiro atopou o saco e o abriu marabillouse da cantidade de ouro que contiña.

—Que cantidade de ouro debeu atopar o meu compañeiro —pensou—, para que me deixe este saco cheo só para min!

As salamandras transformáranse en ouro coa luz do día.

Que cantidade de ouro debeu atopar o meu compañeiro —pensou—, para que me deixe este saco cheo só para min!

[Texto remitido por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra). 2 de febreiro de 2021]

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: