Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A moura da Laxe do Viveiro
Conta a lenda que na Laxe do Viveiro, Meira, Moaña (Pontevedra) hai un encantamento. Alí terán que acudir todos/as aqueles/as que queiran cumprir un desexo porque na noite de San Xoán poderán conseguilo. Para iso, antes da medianoite deberán achegarse ao lugar e deitarse na laxe agardando sen medo.
Ás 12 aparecerá unha culebra con tres flores na boca. Hai entón que retirarlle a do medio coa propia boca. Se a flor obtida non é a indicada, cae ou, temerosa, a persoa foxe, desfaise o encantamento e a serpe desaparece.
Terá entón que agardar un novo ano para volver a intentalo. Se, pola contra, a consegue, a serpe transformarase nunha fermosa moura que lle outorgará calquera desexo que ansíe.
[Texto remitido por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra). 30 de xaneiro de 2021]