Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 028: A corna do escornabois

As mandíbulas (cornos) do escornabois ou vacaloura macho sempre se consideraron amuleto profiláctico contra males e maxias. Ás veces chámaselles alicornes, crendo que son cornos de auténtico unicornio.

Estes insectos voan pola fresca nas noitiñas de verán e a rapazada, quizais sen decatarse de que están en perigo de extinción, cázaos e xúngueos a un carro de xoguete como se fosen vacas.

Como amuleto lévanse os cornos no peto, pendurados nunha cadea do pescozo ou do pulso para que afasten bruxedos, ánimas, envexas, meigallos, mal de ollo e doenzas como o enganido, tangaraño, coxo... Tamén protexe as casas dos raios se o pousamos nas ventás.

A auga onde estivesen a remollo leveda mellor a masa e cura mordeduras de animais velenosos.

Conta R. Quintía que en Salcedo (Pontevedra) usábano os pescadores para favorecer a pesca.

Nunha xoiería de Lugo fabricábase o anel de alicorne, unha sortella feita con prata que pertencese a sete mulleres chamadas María.

Levaba un estoxo con raspaduras de corno de vacaloura e servía para coutar a epilepsia e para preparar as profilácticas augas de alicorne.

SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 8 de outubro de 2020.

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: