Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O carro de ouro do Alto de Monteagudo

Hai moitos anos contábame meu avó que naquel monte chamado Alto de Monteagudo, na parroquia de Devesos en Ortigueira (A Coruña), había un carro cargado de ouro e coa cabezalla sinalando ó norte, agardando a que alguén o atopara. A miña imaxinación de neno non puido evitar verme descubrindo ese tesouro nun monte cheo das fondas dentelladas dunha canteira de áridos. Pasados os anos souben algo que me deixou abraiado. Ó parecer era un rito funerario celta enterrar ós seus mortos nun carro cargado de tesouros e coa cabezalla indicando ó norte. Non puiden evitar lembrarme do meu avó e atopar as similitudes coa lenda que él me contaba. Será só unha lenda?

[Texto remitido por José Luis Garrote Ramil, Ferrol, A Coruña]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: