Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Porque non vive xente en Mazo de Santigoso

Di a miña sogra que a aldea do Mazo de Santigoso, concello de Folgoso de Courel (Lugo), estaba antigamente noutro lugar.

Porén que por mor de que nunha ocasión, sendo de noite, se cometera o asasinato dun forasteiro na aldea sen que ninguén lle abrise a porta da casa para auxilialo, as autoridades disque obrigaron á veciñanza a abandonar a aldea e a faceren de novo as casas noutro lugar, que é onde están hoxe.

[Texto remitido por Ramón, de Ourense. Outubro de 2020]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: