Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 021: O náufrago santo

Na madrugada do 8 de decembro de 1896 un temporal afundiu en minutos nas BasoñasCorrubedo, o mercante alemán Salier. Todos afogados. 281 mortos entre os que había rusos, polacos e galegos. 

Tres días despois apareceron na praia das Furnas os corpos de tres nenas e o dun home adulto, duns 40 anos, barbado, roxo de pelo, que alguén dixo pertencer ao capitán do SalierH. Wempe. 

Déronlles terra tras da igrexa de Xuño, Porto do Son, entre a herba, nun espazo reservado aos non católicos.  

Uns anos despois, non se sabe de certo, os pais de cativos enfermos de diversos aires, raquitismo, anemia, asma e outros males, crendo que aquela tumba era a de san Miguel Arcanxo, patrón da parroquia ao que se lle fai reverencia o 29 de setembro, comezaron a practicar un ritual que consistía en ofrecelos ao arcanxo e despois pousar os seus corpiños espidos enriba da tampa do capitán. 

Un ritual que se suspendeu á forza, en data que descoñezo, anterior a 1995.  

Mudaron o cemiterio de sitio e os ósos das nenas e os do capitán, H. Wempe, desapareceron. 

Xa ninguén sabe onde están nin onde practicar o rito. 

«⇔»

Serie: Micromitos  Publicación:Nós Diario, 29 de setembro de 2020. 

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: