Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 018: O neno levitante

O manexo das ferramentas máxicas tamén precisa pericia e experiencia.

Pasou no lugar de Xeada, parroquia de Rioaveso, Vilalba. O crego tiña na sancristía un Ciprianillo que usaba sobre todo contra as treboadas. Lendo nel ao dereito e ao revés conseguía apartar a sarabia da parroquia, facía que descargase nun camiño e así non facía mal a ninguén.

Un día que o crego estaba de cháchara cuns veciños, pousou o libro e un neno que andaba por alí colleuno e, sen decatáranse nin o crego nin os veciños que estaban cabo del, xa o viron suspendido no aire co libro aberto na man. E subindo!

O crego púxose nervioso e berroulle: Ah, paxaro! Bótame o libro, e non o peches!

O crego foi deslendo, desde o final onde chegara lendo o neno ao principio, moi amodo,  e o neno foi baixando paseniño ata pousar no chan.

Dixo o crego que se pechara o libro ou se lera apurado, caería a toda velocidade e esnafraríase.

Para todo hai que saber, dixo o crego. E o neno pensou: O que hai que saber é desler!

Esta historia contóunola Corsina Prado, de Campelas, xa pasa dos 25 anos.

«⇔»

SerieMicromitos Publicación: Nós Diario, 24 de setembro de 2020.

Locución audioRocío Romero Otero


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: