Actualizado en data 25/11/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O milagre de Bouzas

Conta a lenda que un cabaleiro coñeceu unha rapaza e deciden casar na igrexa de Bouza. Custoulles decidirse entre Galicia e Portugal e ao final decidiron Galicia.

Foi unha voda por todo o alto onde asistiron moitísimos invitados e o convite foi un gran éxito.

Despois decidiron xogar a un xogo de lanzar a lanza ao aire sen que caia ao chan e así foi. O noivo montado naquel cabalo probou con tal mala fortuna que caeron á auga e desapareceron uns minutiños.

Houbo moita angustia e ao final saiu o noivo montado naquel cabalo cuberto con aquela capa chea de cunchas na que simbolizaba os peregrinos que facían o camiño de Santiago. Foi un verdadeiro miragre.

[Texto remitido por David Pérez Quintas, en agosto de 2020]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: