Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lenda da cova dos mouros de Muradal

Cóntase que antigamente uns mouros vivían na cova de Muradal, monte situado na parroquia de Piñeira, concello da Fonsagrada (Lugo). Vivían agochados na devandita cova e subsistían roubando vacas, ovellas e demais gando aos pastores dos arredores, cando estes levaban o gando pacer ao monte.
Un día secuestraron a unha rapaza do Mido, vila situada na mesma parroquia de Piñeira. Os mouros non lle permitían saír da cova. Tivérona moito tempo encerrada e chegaron a ter 7 fillos con ela.
Co paso do tempo, pouco a pouco, foi gañando a súa confianza e comezaron a deixarlle saír da cova para lavar a roupa.

Entón, a moza empezou a cantar, mentras lavaba a roupa, para que a oíse a súa familia e a fosen rescatar. A cántiga dicía así:

«Camaradiñas do Val de Piñeira, siete ladrones me tienen aquí, comiendo y bebiendo a costa de mí»
Por fin, un día a súa familia escoitou as súas cántigas e acudiron na súa procura, sendo rescatada do seu cativerio.


Texto que nos remite Cristina Fernández Fernández, de Gulpilleiras, Piñeira (A Fonsagrada). Maio de 2020.

Nota: Véxase a relación coa lenda "As Covas de Castañedo"


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: