Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Máscaras de Entroido: Lanceros

Localización: Cotobade (Pontevedra)[1].

Vixencia: Desaparecida

Vestiario elegante. Cara tapada con careta. Roupa militar de gala ou traxe branco americano moi adornado, con cintas de seda penduradas dos brazos e das costas.  Un mantón atravesado polas costas, unha capa vermella sobre os ombros. Na cabeza un gorro trapezoidal, alto, de cartón, recuberto con papel de seda e adornado con cintas de papel penduradas da traseira e dos lados, de cores variadas (vermello, branco, amarelo…). As pernas apertadas con polainas negras, que tamén serven para suxeitar o pau feito de cana que sostén unha bandeira (galega ou española) rematada cunha lata con figura de lanza. Forman parte, sempre a cabalo e en número variable, da comparsa denominada Momada, Ían tocando cornos, anunciando o seu paso.

 

[1] Fraguas 1930: 87 e ss.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: