Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Crenzas arredor dos días da semana: Martes

Día de Marte (dies Martis)

“En martes nin te cases nin te embarques, nin a porca mates, nin a pita botes, nin a túa tea urdas, nin a roupa mudes, nin a roupa laves, nin panos cortes, nin filla cases...”. O martes, en xeral, é día nefasto, especialmente se coincide co 13, pero non sempre. Os martes e os xoves repetindo sete veces o ensalmo “Argidam, margidam, sturgidam” cúrase a dor de moas e tamén é día propicio para pedir favores no Marco de San Lourenzo (Cabanas).

En martes con merda te fartes” pero tamén convén lembrar que un dos días grandes de Entroido é sempre en martes!


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: