Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

San Patricio en Galicia

Cóntao Vicente Risco no Boletin Nós, nº 8, no artigo “Irlanda e Galiza”. E di que en Baiona do val Miñor aínda se conserva a tradición de que San Patricio o apóstolo de Irlanda, predicou por aló o Evanxeo.

O santo chegou nunha nave “ de encantamento” desde Irlanda e no sitio onde predicou ergueu un cruceiro, semellante aos irlandeses e aos galegos. E o cruceiro, di Risco, chamouse Cruceiro de San Patrick en lembranza da visita do santo irlandés.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: