O Muíño da Fraga (A Gudiña)
«Foi un fregués a moer unha noite ao muíño da Fraga; deixou funcionando o muíño e cando ao día seguinte volveu non atopou nin gran nin fariña, e no seu lugar viu unha nota coas seguintes palabras:
“Ó muíño da Fraga entrei, tres tegas de pan levei; canda teña o pan novo, eiquí as devolverei”
Pasou o tempo e ao chegar o verán volveu ao muíño e alí atopou as " tegas" de pan que meses antes lle roubaran, e unha nota dándolle as grazas.»
[Orixinal en castelán. Traducido por galiciaencantada.com]
BIBLIOGRAFÍA