Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Fonte Santa das Neves (A Capela, A Coruña)
«Así mesmo, ben preto da marxe dereita do río Eume, a carón do santuario da Nosa Señora das Neves, no actual concello da Capela, conta unha lenda que se atopa a chamada Fonte Santa e que, cando a Virxe andaba polo mundo, ía beber e coller auga nela; aínda despois da súa asunción ao ceo, hai quen di que o día cinco de agosto de cada ano, no que se celebra a súa festa, volve ao lugar e o seu rostro aparece fugazmente reflectido nas augas; seica é moi milagreira a auga desta fonte e que sanda as dores de moas, pero para que o remedio sexa efectivo non basta con beber dela, cómpre tamén rañar as pedras coas uñas das mans.»
BIBLIOGRAFÍA