Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Para curar os cochizos

Tratábase dunha doenza consistente na abundante baba que tiñan os cativos. O remedio para curala era levar os nenos a unha fonte, na que se lles daba auga, mentres se dicían as seguintes palabras:

Nesta fonte as rás han esquencer

o que che fai o maiño.

Sanda cochizo do demo

e tránguenos a este miniño.

No concello de Chantada, os cochizos era una infección bucal, que aparecía nos beizos e na lingua, consistente na aparición de graos e chagas. Esta doenza curábase seguindo os seguintes pasos:

1. Collíase un vaso de auga e unha moeda ou un anel de prata.

2. Collíase na man a moeda ou o anel e pasábase polo vaso de arriba a abaixo e de esquerda a dereita (en forma de cruz).

3. Dicíanse as seguintes palabras:

3.1. Ao tocar a parte superior do vaso: cos poderes de Dios

3.2. Ao tocar a parte inferior: e da Virxen María

3.3. Ao tocar a parte esquerda: un padrenuestro 3.4. Ao tocar a parte dereita: e unha avemaría.

4. Rezábase unha salve.

5. Logo volvíase coller a moeda ou o anel de prata e introducíase na auga dicindo: “Cuchizos ó monte”.

6. Finalmente tocábase a boca do enfermo e dicíase: “Platafina á fonte”.

Este ritual levábase a cabo nove veces seguidas cada día, durante nove días consecutivos.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: