Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Pena do Corvo

Na Pena do Corvo, Navia de Suarna (Lugo), había un furado debaixo dunha ouriceira. Dicían que o lugar agochaba unha cociña de ouro. Ao chegar alí, había que dar cunha pucha ou cun pano e dicir:

—Toma a miña pobreza e dáme a túa riqueza!

 E, entón, abríase o chan e aparecía outro furado, onde se cavaba o ouro, ao que só tiñan acceso os veciños de Barcia.

E, claro, había de pasar: xentes doutras aldeas veciñas, envexosas, armáronse un día con angazos e podóns para levar a cociña.

Sabedores, os de Barcia agocháronse no lugar e, cando os ladróns encomezaron a cavar, berraron os de Barcia:

—Covardes, baixade, que hai carne fresca!

 Os cobizosos asustáronse, tiraron as ferramentas e fuxiron ás alancadas. Os de Barcia saíron do escondedoiro e levaron para as súas casas todas as ferramentas que deixaran abandonadas os asaltantes.

[Achega de Toño Núñez. Lenda recollida polo ENL do CPI de Navia de Suarna]. Bibliog.: Toño Núñez (2017): De Navia ao ceo, AELG. (Ver)


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: