Actualizado en data 08/12/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Virxe de 'Hoy Vas', avogada das criaturas (Homenaxe a Antón Fraguas no Día das Letras Galegas 2019)

«En Piloño (Vila de Cruces, Pontevedra) celébrase a festa da Virxe de “Hoy Vas”, título porque segundo a tradición a Virxe lle dixo ao seu fillo: 'Hoy vas, hijo mío, hoy vas'. A esta festa e a visitar a Virxe noutros días que non sexan os da festa, levan moitos nenos, e ofrecen unha prenda de roupa que o neno leva posta ata o momento de darlla á Virxe. O día da festa colocan a imaxe diante da porta maior para que a xente vaia pasando por debaixo dela. Neste santuario está sempre aberta a porta porque segundo a tradición, a Virxe non permite que estea cerrada. Se a pechan, ábrese sen saber como».

A. Fraguas (2003): La Galicia Insólita. Tradiciones Gallegas. Caderno do Seminario de Sargadelos 51, 9ª edición, O Castro, Sada.

Nota:

Virxe protectora dos partos e as colleitas que, segundo diferentes versións, fundamenta a súa lenda e o nome da curiosa advocación no suposto suceso de que cando Xesús Cristo se dispuña a ascender ao Ceo, a nai díxolle “Hoxe vas ao Ceo”. E así como “Oibás” castelanizado quedou o nome deste santuario, cuxo edificio é de 1696.

+ Biografía de Antón Fraguas


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: