Ritos, obxectos, crenzas varias..
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A peregrina decapitada
Cando a Reconquista trece cabaleiros leoneses xuraméntanse para defender coas súas armas o Camiño de Santiago e aos peregrinos que por el pasasen.
Nas proximidades da Torre de Doncos, tamén chamada Fortaleza da Grupa e de San Agostiño, no concello de As Nogais (Lugo), un fato de xinetes musulmáns ataca a unha parella de peregrinos cristiáns, home e muller, e un deles foxe coa dama sobre as ancas do seu branco cabalo.
Un dos trece xuramentados veo todo desde a torre, avisa aos outros compañeiros e dispóñense a perseguir ao secuestrador para liberar a muller. Pero o mouro, véndose acurrado, revírase na sela e co seu alfanxe, dun só corte, ségalle o pescozo á súa prisioneira. Disque o sangue da muller tinguiu de vermello a brancura do cabalo do seu asasino.
Textos extraído de: Miranda, X. e Reigosa, A. (2004): Arrepíos e outros medos.Historias galegas de fantasmas e de terror. Edicións Xerais de Galicia, Vigo.