Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lenda de San Marcos de San Román

Nas proximidades da aldea de Quintela, na mesma parroquia de San Pedro de San Romao, concello de Santiso (A Coruña), existiu una capela onde se veneraba a imaxe de San Marcos o evanxelista.

No século XVII a capela necesitaba moitos arranxos entre eles dotala de pechadura na porta, e o bispo de Mondoñedo (diocese á que pertencía) mandou enterrar as imaxes do altar, debido ó seu estado de deterioro.

Dita capela xa no século XVIII presentaba un acusado estado de ruína, polo que o propio bispo da diocese de Mondoñedo ditou que non se podía celebrar misa nela, baixo pena de excomuñón maior e multa de dous mil reais. A pesar de que dita capela debeu desaparecer a mediados do século XIX, aínda se mantén na tradición oral unha lenda protagonizada pola imaxe do santo.

Esta lenda foi recollida directamente por Elena Salgado, veciña de San Romao, quen lla escoitou a persoas de 90 anos de idade, e que a continuación se transcribe literalmente, tal e como a recolleu das diferentes fontes orais:

Antigamente na leira de San Marcos, situada no agro de San Marcos, houbo una capela dedicada a este santo. A capela estaba ruinosa e a imaxe vella, polo que enterraron ó santo en dita leira.

Pasado un tempo un día milagrosamente apareceu o santo na igrexa, e o cura volveuno levar para a leira, pero á mañá seguinte volveu a aparecer portentosamente na igrexa. Despois de que acontecerá unas cantas veces, o cura aceptou o milagre e deixou á nosa imaxe do San Marcos na igrexa.

Ata fai 60 anos aínda se mantiña a tradición de facer una procesión, coñecida como as “Rogativas de San Marcos”, pola mañá cedo o día da festa, dende a igrexa ata a leira de San Marcos, para pregar polas colleitas. Tamén se levaban a bendicir as espigas de millo para a semente, que ten lugar por estas datas (25 de abril, festividade de San Marcos), para que a anada fose boa.”

[Texto e imaxe remitidos por Xurxo Broz e Cristina Vázquez, de Melide (A Coruña). Marzo de 2019]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: