Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A caveira da corredoira do Forniño

Na corredoira do Forniño, en Somede-Oleiros, Vilalba (Lugo)  foi onde colleu tanto medo Perucha de Vilanune. Era polo mes do rosario (outubro?), cando tiñan o costume de ir rezalo á igrexa ao amencer. Viu luz polo fachinelo do seu cuarto, pensou que xa alborexaba así que se ergueu e botouse pola corredoira camiño da igrexa. Pero aínda era de noite, xeara e a escasa luz que había era a da lúa.

Foi entón cando viu no camiño unha figura vestida de negro e pareceulle que lle brillaba unha cadea de ouro colgando dun peto do chaleco.

Pensou que podía ser un indiano e que a cadea sería á do reloxo  que levaría no peto. E preguntoulle:

—Que hora é?

E aquela figura, mentres descubría a cabeza e deixaba a vista unha caveira cuns dentes enormes, respondeulle:

—As doce!

A pobre Perucha, facendo espaventos, correu ata o adro da igrexa e alí deu cunha persoa que se aconchegaba contra unha esquina. E, pensando que sería unha veciña, comezou a contarlle o que lle pasara, e como era aquela figura, coma unha caveira cos dentes tan enormes...

E quen escoitaba, mirando para ela cos dentes regañados, díxolle:

—E serán estes?

Perucha correu canto puido ata chegar á súa casa pero xa non se recuperou do susto e morreu pouco despois.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: