Como podemos saber se dun ovo nacerá un galo ou unha galiña!
No Courel (Lugo) saben distinguir os ovos dos que nacerán galiñas dos que nacerán galos.
Cando as galiñas choquean (deixan de poñer) déitanse no niño e incuban os ovos que se lle poñan debaixo dos que, se están galeados, nacerán pitos e pitas ao cabo de 21 días. Para que deses ovos nazan pitos ou pitas, segundo as preferencias e necesidades da casa, a xente distinguía uns ovos doutros de varias maneiras.
Así, dos máis alongados e máis redondos nacerán machos e dos máis feitiños, femias.
Outra técnica consiste en mirar o ovo ao transluz, preferentementre coa luz do sol; se lle ven dúas galeaduras ou embrións, ou se ten unha colocada por enriba da xema, será femia, mentres que cando teñen un só embrión e está situado nun dos lados do ovo, nacerá galo.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS