Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Ritos, obxectos, crenzas varias..

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Fonte de Espiñaredo (Ribadeo)

Situada, segundo E. Gutiérrez, de quen tomamos o relato, nun pequeno recanto por enriba da praia de Os Bloques, na estrada que baixa ao peirao, en Ribadeo (Lugo).

«Conta a tradición que na Fonte de Espiñaredo, a víspera de San Xoán, aparece unha fermosa doncela que agarda naquel lugar o paso de algún camiñante. Se tal sucede, a dama desprendendo-se do peite de ouro que suxeita os seus cábelos pregunta ao pasaxeiro qué desexa, se o peite ou o seu amor; no primeiro caso a alfaia queima-lle as mans como se fora lume; no segundo debe seguir a tan misteriosa como belida dona até o interior da pena, mais, ¡ai!, ao día seguinte aparecerá morto».

 

 

 

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: